Páginas

26 noviembre 2013

ÚLTIMA SEMANA DE NOVIEMBRE. EDUCACIÓN VIAL.



El próximo día 28 de Noviembre, a las 12:00 de la mañana, los alumnos de 5º de Primaria, tendrán en el colegio  una charla de Educación Vial impartida por la Policía Local de Pontevedra.Como ya venimos haciendo los años anteriores,nuestro colegio está inscrito en un Programa Escolar de Educación Viaria, una iniciativa con la que pretende que los niños adquieran conocimientos, hábitos y actitudes en relación con las reglas, normas y señales que regulan la circulación de vehículos y personas por las calzadas y aceras y que permiten a los ciudadanos, dar una respuesta segura y fluida en las distintas situaciones de tráfico en las que se pueda ver inmerso, ya sea como peatón, pasajero o conductor. 
El programa consta de 2 clases teóricas y una práctica, en esta última nos desplazaremos hasta el circuito de Mollabao para poner en práctica todo lo que hemos aprendido.

A partir del jueves subiremos nuestras fotos.


Un saludo: 


  Tutores 5ºA-B


24 noviembre 2013

Unha semana completa: Rosa FIlipina, Pontevedra C.F. e Santa Cecilia.


Vimos de pechar unha semana intensa no cole. O luns 18 comezamos coa celebración de Rosa Filipina, a primeira relixiosa do Sagrado Corazón que foi misioneira. Ese día, ademais da titoría onde indagamos máis na vida da relixiosa, fixemos unha visita á imaxe que hai nas paredes exteriores da capela. Temos que agradecerlle a Tere, unha vez máis, toda a sabedoría transmitida sobre Filipina.








O xoves tivemos unha visita. Dous xogadores do Pontevedra, Kevin Levis e Adrián Gómez, ámbolos dous arxentinos, estiveron nas instalacións do salón de actos para falarnos de fútbol e da situación actual do Pontevedra. Posteriormente saíron ao patio para ofrecer un recital co balón. Os alumnos tiveron a ocasión de poder compartir este momento ademais de levarse un recordo deles a modo de autógrafo. Unha mañá fría no patio á que estes dous xogadores puxeron un pouco de quentura coa súa profesionalidade.



O 22 de novembro non é un día calquera xa que se conmemora a morte de Cecilia de Roma, máis coñecida como Santa Cecilia e patroa da música. Cadrando co último día da semana os mestres de música do colexio non quixeron pasar por alto esta data organizaron un marabilloso festival musical no salón de actos que tivo como protagonistas a todos os nenos do colexio que tocan algún instrumento. Así, pianistas, guitarristas, frautistas, violonchelistas e demais foron pasando polo escenario do salón de actos configurando un variado e folclórico acto que fixo as delicias do resto de alumnos, profes, relixiosas e pais. É de agradecer o entusiasmo de todos os músicos que ven así recompensado o traballo dos seus adestramentos ao longo do ano. Así mesmo é de agradecer o cariño e a ilusión posta por parte do profesorado de música deste colexio que unha vez máis enche de melodías o día a día no colexio.  

10 noviembre 2013

Animais

Traballamos os animais vertebrados e agora imos cos invertebrados. Neste post atoparás información complementaria que te axudará a saber máis sobre os animais. 

(preme nesta imaxe)

09 noviembre 2013

MAGOSTO.



Un ano máis, o magosto chegou ao noso Colexio. Os decoros das aulas e os corredores convertéronse nun grande castiñeiro no que os alumnos colocaron as castañas e festexos. Ademais da degustación deste froito no patio de infantil -ben amasado pola AMPA-, ademais do extraordinario recital de música tradicional galega no salón de actos... os alumnos de 5º crearon a súa propia recreación do magosto en forma de monicreques. A representación foi percorrendo distintas aulas de Educación Infantil, arrincando o sorriso dos máis pequenos do Cole. Unha fermosa experiencia que amosa unha vez máis a capacidade creativa dos alumnos. Ao longo das próximas semanas continuaremos gozando dos monicrecres pero con outras temáticas. 
Isabel e Mariña amosando o teatro de monicreques de magosto aos máis pequenos
               

29 octubre 2013

ACÁBASE OUTUBRO, UN MES CHEO DE COUSAS.



Xa só quedan dous  días para rematar  este mes de outubro cheo de cousas.

Primeiro celebramos o día do Domund, os que poideron levaron un peto polas rúas e foron pedindo cartos para os nenos que non teñen a sorte de gozar de tantas cousas como nós,

Tamén celebramos o día de Mater, fomos  xunto o famoso cadro que pintou Paulina Pedrau e levámoslle unhas flores e cantámoslle unha canción, tamén aproveitamos para darlle grazas por todas as cousas que temos, que non son poucas, e que moitas veces non nos decatamos.GRAZAS.


Xa case rematando outubro ven o famoso SAMAÍN/ HALLOWEEN, trouxemos cabazas sen decorar a pasada  semana, e esta, o salón está cheo de cabazas decoradas. Aínda que no anterior concurso os de 5º non tiveron sorte, eu creo que nestas decoradas....seguro que algún cae!son espectaculares!!Moitas grazas aos papás e aos nenos por axudarlle con tanta ilusión.

Hoxe , 29 de outubro, visitamos a E.N.M de Marín, e tivemos moitísima sorte!!!os 44 membros da banda de música tocaron para nós, un concerto didáctico donde aprendimos unha chea de cousas e pasámolo en grande, fumos e vimos andando polo paseo marítimo de Marín e foi xenial.

Pero non todo foi festa....tamén tivemos algún que outro exame, pero como os nenos de 5º estudaron moito, houbo moi boas notas.

 Despedímonos de este mes cunha longa ponte que nos afastará do colexio ata o día 4 de novembro.Esperamos e desexamos que a disfrutedes, e ollo! se algún vai de viaxe....AMODIÑO CÓ COCHE!!

Unha aperta:

            Titores de 5º
Natalia & Josecho

BENVIDOS A 5º PRIMARIA 2013 -2014



Benvidos a todos a este blog de 5º de Primaria que empezaremos a utilizar a partir de xa !! Aquí engadiremos novas e enlaces de interés que vos sexan útiles.

Comezamos!



Un saúdo:


                      Titores de 5º  - Natalia e Josecho.




06 mayo 2013

O relevo de Galicia



Boas nenos/as de quinto de primaria. Aproveitando que estamos a estudar o relevo da nosa comunidade deixámosvos aquí uns enlaces para que poidades poñer en práctica os novos contidos sobre a situación das serras, chairas e depresións, ríos...en Galicia.

Nestes primeiros enlaces atoparedes dous modelos distintos de exercicios: un deles para situar e o outro para nomear a serra/río/ría que se atopa no lugar que vos indican. Para facelo ben dedicade uns minutiños a estudar o mapa que vos presenta e para comenzar pinchade sobre el e unha nova ventá se abrirá para comezar o xogo. Velaquí vos deixamos os enlaces:

Relevo de Galicia: Sitúa as serras

Relevo de Galicia: Nomea a serra

Nomea os ríos

Nomea as rías e cabos

E aquí un enlace a un mapa do relevo de Galicia para situar as serras que vos indican. Cando fallades cambia o nome da serra. Cronometra o tempo e vos da unha puntuación así que podedes probar a facelo diferentes días e tentar superarvos.
Relevo de Galicia: Serras

Por último, nesta páxina podedes atopar outro tipo de exercicios relacionados non só co relevo de Galicia, senón tamén con outros aspectos que xa estudiamos: o clima, vexetación, fauna... Cada vez que queirades comezar tedes que darlle a ÍNDICE (arriba á dereita) para escoller un tema novo.
Relevo, clima, fauna e vexetación de Galicia

Por último deixámosvos un enlace a unha curta presentación de diapositivas para que vexades as formas e características dalgunhas das serras, chairas e depresións que se atopan en Galicia.

O relevo de Galicia: presentación de fotografías.

Esperamos que vos gusten estas páxinas e vos sexan útiles para comprender mellor todos estes novos contidos relacionados coa nosa comunidade autónoma.





02 abril 2013

O universo


Hola nenos e nenas de 5º de Primaria; tralas vacacións de Semana Santa volvemos ao colexio para seguir aprendendo. Xa que estamos estudando o Universo en Coñecemento do Medio vos deixamos estas ligazóns donde poderedes atopar máis información, repasar os contidos, ver imaxes e simulacións e facer exercicios moi entretidos para evaluar canto sabedes.
Nas seguintes páxinas podedes atopar máis información sobre os astros que existen no universo e o Sistema Solar.
Esta páxina serviravos de repaso e ten tamén moitos exercicios entretidos.
Aquí tedes unha páxina donde nos explica moi sencillamente por que os planetas xiran en órbitas en torno ao Sol. Xa o sabedes! A gravidade.
Os movementos da Terra: na seguinte ligazón poderás ver unha simulación e mesmo poderás deter e reiniciar o movemento de rotación ou traslación da Terra
Por último vos deixamos esta imáxe donde podedes ver perfectamente as consecuencias do movemento de traslación da Terra ó redor do Sol: as estacións. Dependendo da proximidade da terra ao Sol e o hemisferio no que nos atopemos será unha estación ou outra.

14 febrero 2013

O estudo da poboación e a súa distribución


En Coñecemento do Medio comezamos un novo tema que nos fala, entre outras moitas cousas, da poboación da nosa comunidade, e das súas características. 

Aparecen novos termos como poboación urbana, rural, activa e non activa,  densidade de poboación, poboamento disperso ou concentrado, etc... 

Aquí tedes dúas páxinas nas que podedes afianzar ou ampliar os vosos coñecementos sobre estes temas, así como levalos á práctica.

Poboación
Neste enlace podedes traballar os apartados: habitantes de unha localidade, a inmigración, o censo e o padrón.

As institucións e a poboación. Libros vivos.

Se pinchades neste enlace vos levará a unha páxina na que tedes que facer click no enlace de Libros Vivos. Ahí podedes practicar todo o estudiado e facer unha autoavaliación.

Día da Paz


O pasado 30 de Xaneiro celebramos o día Mundial da Paz. Moitos membros da comunidade educativa nos reunimos no Adrio da Parroquia para celebrar este día tan bonito e pedir pola Paz no mundo un ano máis.

                          

Todos os cursos do colexio fixeron unha pancarta coa palabra PAZ en diferentes idiomas. Aos nenos/as de 5ºA nos tocou o idioma vietnamita e aos de 5ºB o bielorruso. Aproveitamos tamén para saber un pouco máis sobre a cultura destes países. Pasámolo moi ben facendo a pancarta na que todos/as colaboramos.

Unha vez alí fixemos as nosas peticións de Paz, cantamos e mesmo fixemos un flashmob. Estivo moi ben xa que participamos todos/as. Tamén soltamos palomas ¡foi moi emocionante!

Estas son as pancartas que fixemos con moita ilusión.



22 enero 2013

Blog de 5º de Primaria Sagrado Corazón Placeres

Bienvenidos/as al nuevo blog de 5º de Primaria. 


Aquí podréis encontrar material y webs interactivas relacionadas con las materias y los temas que trabajamos en clase. Esperamos que os resulten interesantes y esperamos vuestras visitas.