Páginas

14 febrero 2013

O estudo da poboación e a súa distribución


En Coñecemento do Medio comezamos un novo tema que nos fala, entre outras moitas cousas, da poboación da nosa comunidade, e das súas características. 

Aparecen novos termos como poboación urbana, rural, activa e non activa,  densidade de poboación, poboamento disperso ou concentrado, etc... 

Aquí tedes dúas páxinas nas que podedes afianzar ou ampliar os vosos coñecementos sobre estes temas, así como levalos á práctica.

Poboación
Neste enlace podedes traballar os apartados: habitantes de unha localidade, a inmigración, o censo e o padrón.

As institucións e a poboación. Libros vivos.

Se pinchades neste enlace vos levará a unha páxina na que tedes que facer click no enlace de Libros Vivos. Ahí podedes practicar todo o estudiado e facer unha autoavaliación.

Día da Paz


O pasado 30 de Xaneiro celebramos o día Mundial da Paz. Moitos membros da comunidade educativa nos reunimos no Adrio da Parroquia para celebrar este día tan bonito e pedir pola Paz no mundo un ano máis.

                          

Todos os cursos do colexio fixeron unha pancarta coa palabra PAZ en diferentes idiomas. Aos nenos/as de 5ºA nos tocou o idioma vietnamita e aos de 5ºB o bielorruso. Aproveitamos tamén para saber un pouco máis sobre a cultura destes países. Pasámolo moi ben facendo a pancarta na que todos/as colaboramos.

Unha vez alí fixemos as nosas peticións de Paz, cantamos e mesmo fixemos un flashmob. Estivo moi ben xa que participamos todos/as. Tamén soltamos palomas ¡foi moi emocionante!

Estas son as pancartas que fixemos con moita ilusión.