Páginas

06 mayo 2013

O relevo de Galicia



Boas nenos/as de quinto de primaria. Aproveitando que estamos a estudar o relevo da nosa comunidade deixámosvos aquí uns enlaces para que poidades poñer en práctica os novos contidos sobre a situación das serras, chairas e depresións, ríos...en Galicia.

Nestes primeiros enlaces atoparedes dous modelos distintos de exercicios: un deles para situar e o outro para nomear a serra/río/ría que se atopa no lugar que vos indican. Para facelo ben dedicade uns minutiños a estudar o mapa que vos presenta e para comenzar pinchade sobre el e unha nova ventá se abrirá para comezar o xogo. Velaquí vos deixamos os enlaces:

Relevo de Galicia: Sitúa as serras

Relevo de Galicia: Nomea a serra

Nomea os ríos

Nomea as rías e cabos

E aquí un enlace a un mapa do relevo de Galicia para situar as serras que vos indican. Cando fallades cambia o nome da serra. Cronometra o tempo e vos da unha puntuación así que podedes probar a facelo diferentes días e tentar superarvos.
Relevo de Galicia: Serras

Por último, nesta páxina podedes atopar outro tipo de exercicios relacionados non só co relevo de Galicia, senón tamén con outros aspectos que xa estudiamos: o clima, vexetación, fauna... Cada vez que queirades comezar tedes que darlle a ÍNDICE (arriba á dereita) para escoller un tema novo.
Relevo, clima, fauna e vexetación de Galicia

Por último deixámosvos un enlace a unha curta presentación de diapositivas para que vexades as formas e características dalgunhas das serras, chairas e depresións que se atopan en Galicia.

O relevo de Galicia: presentación de fotografías.

Esperamos que vos gusten estas páxinas e vos sexan útiles para comprender mellor todos estes novos contidos relacionados coa nosa comunidade autónoma.