Páginas

26 noviembre 2013

ÚLTIMA SEMANA DE NOVIEMBRE. EDUCACIÓN VIAL.



El próximo día 28 de Noviembre, a las 12:00 de la mañana, los alumnos de 5º de Primaria, tendrán en el colegio  una charla de Educación Vial impartida por la Policía Local de Pontevedra.Como ya venimos haciendo los años anteriores,nuestro colegio está inscrito en un Programa Escolar de Educación Viaria, una iniciativa con la que pretende que los niños adquieran conocimientos, hábitos y actitudes en relación con las reglas, normas y señales que regulan la circulación de vehículos y personas por las calzadas y aceras y que permiten a los ciudadanos, dar una respuesta segura y fluida en las distintas situaciones de tráfico en las que se pueda ver inmerso, ya sea como peatón, pasajero o conductor. 
El programa consta de 2 clases teóricas y una práctica, en esta última nos desplazaremos hasta el circuito de Mollabao para poner en práctica todo lo que hemos aprendido.

A partir del jueves subiremos nuestras fotos.


Un saludo: 


  Tutores 5ºA-B


24 noviembre 2013

Unha semana completa: Rosa FIlipina, Pontevedra C.F. e Santa Cecilia.


Vimos de pechar unha semana intensa no cole. O luns 18 comezamos coa celebración de Rosa Filipina, a primeira relixiosa do Sagrado Corazón que foi misioneira. Ese día, ademais da titoría onde indagamos máis na vida da relixiosa, fixemos unha visita á imaxe que hai nas paredes exteriores da capela. Temos que agradecerlle a Tere, unha vez máis, toda a sabedoría transmitida sobre Filipina.








O xoves tivemos unha visita. Dous xogadores do Pontevedra, Kevin Levis e Adrián Gómez, ámbolos dous arxentinos, estiveron nas instalacións do salón de actos para falarnos de fútbol e da situación actual do Pontevedra. Posteriormente saíron ao patio para ofrecer un recital co balón. Os alumnos tiveron a ocasión de poder compartir este momento ademais de levarse un recordo deles a modo de autógrafo. Unha mañá fría no patio á que estes dous xogadores puxeron un pouco de quentura coa súa profesionalidade.



O 22 de novembro non é un día calquera xa que se conmemora a morte de Cecilia de Roma, máis coñecida como Santa Cecilia e patroa da música. Cadrando co último día da semana os mestres de música do colexio non quixeron pasar por alto esta data organizaron un marabilloso festival musical no salón de actos que tivo como protagonistas a todos os nenos do colexio que tocan algún instrumento. Así, pianistas, guitarristas, frautistas, violonchelistas e demais foron pasando polo escenario do salón de actos configurando un variado e folclórico acto que fixo as delicias do resto de alumnos, profes, relixiosas e pais. É de agradecer o entusiasmo de todos os músicos que ven así recompensado o traballo dos seus adestramentos ao longo do ano. Así mesmo é de agradecer o cariño e a ilusión posta por parte do profesorado de música deste colexio que unha vez máis enche de melodías o día a día no colexio.  

10 noviembre 2013

Animais

Traballamos os animais vertebrados e agora imos cos invertebrados. Neste post atoparás información complementaria que te axudará a saber máis sobre os animais. 

(preme nesta imaxe)

09 noviembre 2013

MAGOSTO.



Un ano máis, o magosto chegou ao noso Colexio. Os decoros das aulas e os corredores convertéronse nun grande castiñeiro no que os alumnos colocaron as castañas e festexos. Ademais da degustación deste froito no patio de infantil -ben amasado pola AMPA-, ademais do extraordinario recital de música tradicional galega no salón de actos... os alumnos de 5º crearon a súa propia recreación do magosto en forma de monicreques. A representación foi percorrendo distintas aulas de Educación Infantil, arrincando o sorriso dos máis pequenos do Cole. Unha fermosa experiencia que amosa unha vez máis a capacidade creativa dos alumnos. Ao longo das próximas semanas continuaremos gozando dos monicrecres pero con outras temáticas. 
Isabel e Mariña amosando o teatro de monicreques de magosto aos máis pequenos