Páginas

26 marzo 2014

XORNADA ENTRE CONTOS.

Hoxe os alumnos de 5º de Primaria xunto aos alumnos de 4º da ESO realizamos unha xornada de contos encadrada no Plan Lector do noso Colexio. Esta xornada fomentada polo Departamento de Lingua foi o inicio dun longo Proxecto que se desenvolverá ao longo do vixente curso. Durante a sesión escoitamos diferentes contos e pautas para converterse nun contador de contos. Tamén soubemos dos contadores de antes e os contadores de agora. A partir de entón os alumnos serán os futuros contacontos e irán a outras clases para dar mostra da súa arte. A literatura convértese así unha vez máis nun elemento importante do Colexio co que gozamos, aprendemos e nos formamos. Os alumnos xa comezaron a escoller os contos que van utilizar para realizar as súas primeiras sesións. Quen sabe se nun futuro atoparémolos contando polo mundo? 


25 marzo 2014

Recomendación lectora para pais.


Hoxe recomendamos un libro para todos os pais que se fan preguntas sobre as posibilidades dos seus fillos. Fernando Alberca no seu libro "todos los niños pueden ser Einstein" apórtanos pautas para educar hoxe en día. Con Einstein como patrón percorre a senda das posibilidades dende a motivación e o método.