Páginas

14 mayo 2014

TALLER DE ESCRITURA (2): LETRAS GALEGAS 2014.


                                                           LETRAS GALEGAS 2014

Letras Galegas

Este ano 2014
homenaxeamos todos nós
a un poeta importante
da Galiza dos nosos avós.
Hoxe 17 de maio
ímosllo dedicar
a Xosé María Díaz Castro
un poeta exemplar.

Os seus primeiros versos
comezounos a escribir
cando tiña a nosa idade
e toda unha vida por vivir.
Un dos poemas importantes
deste poeta lugués
titúlase "Penélope"
e foi traducido ao francés.

De mestre exerceu
nun colexio de Vilagarcía
e ensinoulle aos seus alumnos
a harmonía da poesía.

A nosa comunidade
festexa hoxe este día
dedicado a nosa lingua
e a ti, Xosé María.
                          Natalia Farto. 5º E.P.



Bolboreta


Unha bolboreta, 

coas ás turquesa
que rozan o ceo
coma os raios de Sol
que anegan á Terra. 

Nunha tarde friorenta

o voo dunha bolboreta;
sobrevoa Galiza
que esa é miña terra. 

Mira á bolboreta,

míroa voar;
que de un gusaniño
esa beleza natural.

Pinta unha bolboreta

bonita ten que estar, 
busca a unha bolboreta,
e nun lenzo amósaa xa.

Mírame bolboreta,

conta tívenme que dar
para saber que ti 
aí sempre estás.

Bolboreta, meniña;

bolboreta, e xa está
Aínda quédanme cousas para poderche describir,
todo está claro se miras cara o meu país. 

Bolboreta mira aquí!

Bolboreta mira alí!
Pois observa o noso país,
que moitas cousas, aquí, vas vivir!!

En Galiza vas vivir.

E acórdate sempre de min
pero máis do noso país.
Galiza, si!!
                  Maruxa Rodríguez. 5º E.P.



Libros.

O día de Galiza
é moi bonito
o día de Galiza
gústame ler libros.
 
Non libros calquera
de piratas e doncelas
gústame ler libros
que sexan novelas.

Novelas de acción
terror e romance
se non leo poesía
do autor Xosé María.

Xosé María Díaz Castro
foi bo escritor
Xosé María Díaz Castro
tamén foi profesor. 

O poema de Penélope
escribiuno Xosé María
escribiuno con amor
para a súa aldeíña. 

Todo o que escribiu
foi moita poesía
para facer homenaxe
o día de Galiza.
                Rafael Fernández. 5º E.P.




Galicia

 
Galicia bonita
Galicia perfecta,
sempre contenta,
está a miña terra. 

Ten campos con flores,

de lindas cores
e fermosas bolboretas
que brillan como estelas.

Soamente Galicia,

pódeme dar a ledicia,
a ledicia tan linda,
como a miña terra querida.

Galicia amiguiña,

Galicia, Galicia,
Galicia querida,
a miña terra tan linda.

Galicia, bonita,

Galicia, perfecta,
sempre contenta,
está a miña terra. 
              Irea Castro Landín. 5º E.P.




 



O día de Galiza

O día de Galiza
é moi bonito,
cos seus libros de doncela
quedan moi bonitas.

As letras dos libros
teñen vida
como unha persoa
e como Xosé María.

Xosé María é un poeta
escribiu moitas poesías
para as súas novelas.

O día de Galiza
é moi bonito
cos seus libros de doncelas
quedan moi bonitos. 
                 Brais Millán.5º E.P.