Páginas

23 octubre 2014

CHARLA SOBRE SEGURIDADE NO ENTORNO ESCOLAR

Hoxe os nenos e nenas de quinto asistiron a unha charla sobre Seguridade no Entorno Escolar. Os encargados de impartila foron dous funcionarios do Corpo Nacional de Policia, Manolo e Iván. 

Os temas que trataron foron moi interesantes e importantes, como o acoso escolar, a seguridade na internet ou a prevención no consumo de drogas. 

Velaquí unha foto dos alumnos e alumnas durante o transcurso da charla. 

05 octubre 2014

CONTIDOS MÍNIMOS. CURSO 2014-2015

Benvidos ao blog de 5º de primaria para este curso 2014-2015.

Neste blog iremos publicando as actividades que vaiamos levando a cabo cos nenos e nenas.

Comezamos deixándovos os contidos mínimos de todas as asignaturas. 

CIENCIAS NATURAIS
CIENCIAS SOCIAIS
MATEMÁTICAS
Clasificación dos seres vivos
A fotosíntese
Tipos de ecosistemas
Órganos e funcións do sistema nervioso e locomotor
Alimentación saudable
A reciclaxe
Os cambios de estado
As fontes de enerxía

O Sistema Solar
Comprensión e representación de mapas.
O clima de Galicia
A poboación de Galicia
As institucións en España
Poboadores da península na Idade Media
Descubrimento de América

Cálculo: Suma, resta, multiplicación e división de números naturais e decimais.
Fraccións: Fracción dun número,comparación de fraccións,suma e resta de fraccións de igual denominador, fraccións equivalentes.
Porcentaxes. Calcular a porcentaxe dun número.
Ángulos: Medida e trazado de ángulos. Mediatriz e bisectriz.
Polígonos: Triángulos, cuadriláteros, círculo e circunferencia. Medidas: Lonxitude, capacidade, masa e superficie.
Áreas: Cadrado, rectángulo e triángulo.
Tempo : Horas, minutos, segundos.
Problemas sinxelos e variados.

LINGUA CASTELÁ
LINGUA GALEGA
LINGUA INGLESA
Lee coa pronunciación e entoación adecuadas, interpretando e comprendendo o contido global do texto.
Busca palabras nun dicionario
Acentúa palabras adecuadamente.
Distingue diferentes tipos de texto: narrativos, poéticos ou teatrais.
Identifica as diferentes clases de palabras e escribe a súa clase nun texto determinado.
Clasifica os verbos segundo o seu número, persoa, tempo, modo, conxugación.
Diferencia raíz e desinencias nun verbo.
Identifica as diferentes funcións (suxeito, predicado, atributo, obxecto directo e indirecto e obxectos circunstanciais e complemento axente) nunha oración.
Distingue a voz pasiva da voz activa .
Distingue entre os distintos tipos de enunciados.
Diferencia entre sinónimos e antónimos.
Identifica as palabras primitivas e derivadas.
Interpreta e compara a información escrita.
Identificar o sentido global de textos orais e escritos, extraendo as súas ideas principais e secundarias.
Utiliza axeitadamente os signos de puntuación.
Sintetiza a información dun texto nun resumo, esquema ou mapa conceptual
Exprésase correctamente tanto oral como por escrito, con coherencia e utilizando os nexos e estruturas gramaticais adecuados.

Vocabulario:
Números cardinais ata o 1000 e ordinais ata o 31.
O alfabeto.
Países e nacionalidades.
A familia.
Partes do corpo.
Adxectivos de descrición.
Adxectivos de personalidade (sentimentos e emocións).
Vocabulario da roupa.
Vocabulario da aula.
Materias do colexio.
Lugares na cidade.
Lugares na casa.
Mobles.
Animais (mascotas, animais salvaxes e animais de granxa).
Deportes (verbos de práctica de deporte).
Verbos simples ( rutinas, hábitos, actividades diarias).
O tempo.
Expresións de tempo (partes do día e adverbios de frecuencia) e hora.
Comidas e bebidas.
Instrucións do día a día e da aula.
Linguaxe de clase.

Gramática:
Spelling.
Pronomes de suxeito.
Adxectivos e pronomes posesivos.
Verbo to be.
Verbo to have got.
Present Simple
Present Continuous.
There is/ there are
Verbo can/ can’t
Verbos like/hate/love.
Preposicións.
Orde das palabras nas preguntas.

Inglés para comunicarse:
Presentacións.
Falar de idade, nacionalidade, descricións.
Pedir ou dar direccións.
Preguntar polo prezo dun produto.
Preguntar por localización.
Preguntar por posesión ( have got)
Falar de preferencias.
Falar sobre habilidades ou pedir permiso co verbo can.

EDUCACIÓN FÍSICA
EDUCACIÓN ARTÍSTICA
RELIXIÓN
As capacidades físicas básicas.
Exercicios de quecemento e volta á calma.
Principais órganos que interveñen na práctica da actividade física.
Habilidades e destrezas básicas.
Aspectos técnico tácticos básicos dos diferentes deportes.
Esforzo individual ante os xogos e deportes.
O xogo, aceptación das normas.
Utilización expresiva da cor e efectos luminosos
Utilización de esquemas para debuxar
Módulos, composicións modulares
Puntos, planos e raiados.
Liñas e formas para crear sensacións
Os planos de profundidade.
Fondos de cor nas composicións
Proporción dos elementos nunha escena.
Colocación das plicas
Saber tocar unha peza musical pequena
Identificación de instrumentos
Identificar os diferentes tipos de baile
Identificar estilos musicais

O fenómeno relixioso.
O mal, a dor e a morte.
A Biblia como fonte de valores para o mundo actual.
A solidariedade, o compromiso cos pobres e o respecto ás conviccións relixiosas.
A presenza da Virxe María no Evanxeo.
María signo de fe e de esperanza.
Jesús e os seus discípulos.
A expansión da Igrexa.
Os sacramentos: Confirmación, Orde sacerdotal e Unción dos enfermos.
A Igrexa, estrutura e composición.
O Papa, os Bispos, os Sacerdotes.
A Igrexa diocesana.