Páginas

02 diciembre 2014

Visita ao Parlamento de Galicia

O pasado luns fomos de visita ao Parlamento de Galicia. Alí recibiunos unha antiga alumna do cole, Teresa Rey, que traballa alí como Directora do Gabinete de Presidencia.

Despois pasamos a facer a visita guiada. O encargado de amosarnos o edificio e o que se fai nel foi Iginio, un guía moi amable que nos tratou moi ben.

Unha das actividades que levamos a cabo foi un debate entre 5ºA e 5ºB na biblioteca.


Despois pasamos a visitar o salón de plenos. Alí puidémonos sentar nos asentos dos deputados e deputadas, e tamén nos dos membros do goberno autonómico. 






Outra actividade que puidemos facer no salón de plenos foi subri á tribuna e propoñer leis e reformas para mellorar a vida dos galegos e galegas.



Finalmente, sacamos un par de fotos de grupo para inmortalizar a nosa visita ao edificio no que se toman as decisión máis importantes para a nosa comunidade.